martes, 6 de octubre de 2009

A vendima e o viño novo

Pois en breve xa teremos viño novo, e anque os vellos do lugar se empeñen en nega-lo, hai cousas que pouco cambiaron a pesares do paso do tempo, os cestos siguen correndo polo carrelo hoxe en día e de xeito parecido ao que acontecía no ano 32, o oito de de outubro para máis señas... parece incríbel que setenta e sete anos máis tarde poideramos facer unha foto tan semellante.

Este ano a vendima adiantouse por culpa destas cousas do clima, a nós obrigounos a retrasar no cambio de directiva, e o que son as coincidencias, a renovación será parella a do viño, esperamos que aconteza o mesmo que se lle preve á colleita deste ano, mellorar a do pasado xa que a calidade da uva foi moi boa.

Temos, anque pareza fachendoso deci-lo, calidade na base da asociación para facer unha boa directiva, polo que esperamos que pase o mesmo que nas adegas, covas e demáis, que ferva a cousa despaciño e con bó tino, que as modificacións da directiva produzan a entrada de novas sensibilidades, novas ideas, en definitiva, facer que a asociación medre en ideas, proxectos e feitos. Xa que a asociación somos todas e todos...

Saúde e viño novo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario