martes, 4 de agosto de 2009

Graciñas coveiros


Fonte da fotografía: http://www.laregion.es/galeria/457/10215

Para min foi unha pena non poder sacar máis fotos, pero esta, prestada polos de La Región pode ser un dos bos exemplos de Coveiros Maiores do Reino do Viño. Por eso os queremos poñer aquí, porque eles teñen vontade, gústalles e traballano duro...

Cando de víspera subía apañando algo cara a sardiñada do venres, atopeime con eles os dous que viñan de amañar e limpar a cova, cheios de pó como uns nazarenos. Dende a directiva da Asociación de Coveiros dámonos conta do traballo que conleva, porque tamén estivemos na outra beira poñendo viños. Fumos coveiros antes que organizadores.

Por eso o esforzo principal está guiado a agradecervos o traballo, tentar que quededes o maís contentos posíbel e sobretodo, que vos animedes a entrar na Asociación de Coveiros.

Tedes a porta aberta e queremos contar convosco dentro da asociación, porque hai que guiar a esta chalana, entre todos porque é para todos.

Graciñas a todos polo traballo, aos coveiros en especial, aos que viñestes e aos membros de Penasdauga que este ano abriron a cova, cando de boa tinta sabemos que vos apetece desfrutar plenamente da festa.

Tamén decirvos que o Venres desta semana queremos ter unha reunión cos coveiros, esperamos estar os máis posíbeis para poder analizar o resultado da Ruta das Covas, procurar mellorar o que se fixo, porque é mellorábel, rendir contas da organización e contestar as preguntas que estean no aire.

Gaciñas de corazón.

Saúde e que non se torza o tempo, que en mes e medio haberá que ir vendimando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario