sábado, 20 de junio de 2009

Hoxe botamos a andar no internete



a paso de zanfona, sen facer moito ruído e sen pausa, ao tran tran que lle chaman, tal como fai o tractor ao arar as viñas e do mesmo xeito que fixo o cabalo ou os bois noutros días.

queremos chegarvos e que veñades, que sintades este patrimonio noso como voso, que vexades as covas como o que son, testemuños da historia e activo do presente que precisa do apoio e coidado.

convidámosvos a vir e colaborar, convidámosvos a tod@s a que sentedes a tomar un viño, que baixedes polo caño e até o fondo do cubo, miredes ao ceo lousado destas pequenas cúpulas que son verdadeiros templos do viño.

saúde e camiño,

8 comentarios:

  1. Son o primeiro!!!!!! se fora para traballar non, pero para os vinhos apúntase ata o que non ten gorxa.

    ResponderEliminar
  2. Moi ben moi ben, dándolle as novas tecnoloxías!
    Este ano temos que quedar nas covas.
    Supoño que son o primeiro finde de Agosto.

    Un Saudo.

    Nota: Chirri.. que sexi sales tio..

    Marcelo.

    ResponderEliminar
  3. Joer como me sona o que sae o final da fota con ese pucho tan ben colocado. Hasta parece guapo e todo. Digoche unha cosiña se abres tu este ano conta comigo e ca Silvita para cear que vou fixo.
    Un biquiño e un abrazo Antom que fai tempo que non nos vemos, parece que xa non me queres, seguro que encontraches alguen que che faga mellor o sexo ca min.
    Un saludo e ata as covas

    ResponderEliminar
  4. si señor isto vai collendo forma, eeste ano penso ir, dunha vez por todas.

    ResponderEliminar
  5. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  6. VIÑO cor de día,
    viño cor de noite,
    viño con pés de púrpura
    ou sangue de topacio,
    viño,
    estrelado fillo
    da terra,
    viño, liso
    como unha espada de ouro,
    maino
    como un desordenado veludo,
    viño encaracolado
    e suspendido,
    amoroso,
    mariño,
    nunca coubeches nunha copa,
    nun canto, nun home,
    coral, gregario es,
    e cando menos, mutuo.
    Ás veces
    nútresche de recordos
    mortais,
    na túa onda
    imos de tumba en tumba,
    picapedrero de sepulcro xelado,
    e choramos
    bágoas transitorias,
    pero
    o teu fermoso
    traxe de primavera
    é diferente,
    o corazón sobe ás ramas,
    o vento move o día,
    nada queda
    dentro da túa alma inmóbil.
    O viño
    move a primavera,
    medra como unha planta a alegría,
    caen muros,
    peñascos,
    péchanse os abismos,
    nace o canto.
    Oh ti, xerra de viño, no deserto
    coa saborosa que amo,
    dixo o vello poeta.
    Que o cántaro de viño
    ao bico do amor sume o seu bico.

    Amor mio, de pronto
    a túa cadeira
    é a curva colmada
    da copa,
    o teu peito é o acio,
    a luz do alcohol teu cabeleira,
    as uvas os teus pezones,
    o teu embigo selo puro
    estampado no teu ventre de vasilla,
    e o teu amor a fervenza
    de viño inextinguible,
    a claridade que cae nos meus sentidos,
    o esplendor terrestre da vida.

    Pero non só amor,
    bico quemante
    ou corazón queimado
    es, viño de vida,
    senón
    amizade dos seres, transparencia,
    coro de disciplina,
    abundancia de flores.
    Amo sobre unha mesa,
    cando se fala,
    a luz dunha botella
    de intelixente viño.
    Que bébano,
    que lembren en cada
    pinga de ouro
    ou copa de topacio
    ou culler de púrpura
    que traballou o outono
    ata encher de viño as vasillas
    e aprenda o home escuro,
    no cerimonial do seu negocio,
    a lembrar a terra e os seus deberes,
    a propagar o cántico do froito.

    ResponderEliminar
  7. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  8. Animo e pra diante ,a idea da ruta foi inxeniosa hai que recoñecelo, debemos pasar de necedades , debe pervivir para poder amosar os interesados o legado erdado dos nosos devanceiros e mantelo para futuras xeneracións,hai que respetar a esencia e decir tomar unhos viños , unhas tapas , pasalo ben nun entorno paradisiaco que nos abstrae con bo ambente; e obvio que debe manterse o contrario seria nefasto e ridiculo desvaneceriase por intrinsica necesidade.

    ResponderEliminar