sábado, 26 de diciembre de 2009

Bo Nadal e Feliz Ano Novo


Anque pola roupa dos protagonistas ben se ve que non están no inverno, alomenos están brindando... e que se fai nestas festas entre comida e comida? beber. Polo que dende a Asociación de Coveiros convidámosvos a brindar sen deixar de desexarvos un bó Nadal e unha mellor entrada neste 2010.

Xa sabedes, bebede ben, con tino e procurade que a poda que dentro de nada empeza vaia polo bo camiño.

De feito, os novos que andamos a iniciarnos nestas comedias do corta aquí, corta alá, percatámonos de que os bos podadores sodes escultores de seres vivos, unha especie de "semideuses" que procurades crear unha vida a imaxe e semellanza da cepa ideal.

Do mesmo xeito, convidámosvos a todas e todos a aportar o voso coñecemento, as vosas ideas e as vosas inquedanzas nas asembleas e aos membros da directiva, para que dende o mes de xaneiro conseguir que Asociación sexa a cepa que vos queredes, a cepa que vos soñades... que os froitos desta encrucillada sexan os que vos pretendes.

Bo Nadal, coveiros, veciños, visitantes e a todas e todos os que dun xeito ou outro sodes partícipes desta singradura.

Graciñas por todo e Feliz Ano!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario