lunes, 29 de junio de 2009

que andarán argallando estes catro?


pois esto é o que pretendemos, que argalledes...

pensade que se pode aportar a ruta das covas, pensade e dádelle voltas a cabeza, porque nestas andamos, a un mes da festa e o básico está feito ou facéndose... pero faltan moitas cousas para se podemos mellorar a festa.

a ver se a noitiña nos xuntamos tres ou catro en cada cova e propoñemos algo na próxima reunión da asociación, quizais a final da semana, porque esto parece unha contrareloxo do tour... larga, dura e a pé chapa.

seguindo coa terminoloxía ciclística, non vale chupar roda que hai que buscar a escapada, xa sabemos que falta moi pouco tempo e que as oportunidades son escasas para innovar, pero se forzamos a maquinaria teremos resultados... veña pensade que até que se cruce a meta hai tempo de saltar do paquete.

se tedes ideas ou contactosd para colaborar xa sabedes covasdevilamartin@gmail.com
que aquí a porta témo-la aberta pasade e tomade un viño

saúdos e boa ruta

miércoles, 24 de junio de 2009

de cando é esta foto?


os tempos cambian, e por sorte non todo muda co paso do reloxo... para mostra este botón.

de seguro que no primeiro día do mes de agosto moitos poderemos facer unha foto coma esta, coa xarra botando na cunca e o pito con deixadez pendurado da boca, algún coa ledicia en forma de viño bulindo no corpo e todos con gañas de troula...

a festa é a mesma, no agosto con máis xente e no inverno máis recollidos, sempre botando da xarra e bebendo viño.

vide e bebede, facede festa e cantade, deixade que o viño afine a gorxa para botarlle unha leria e unha cantada. porque nas covas está prohibido face-la á calada, aquí vense a falar, berrar, discutir e cantar, deixar a vergoña a un lado e rescatar as pezas musicais que se esconden na memoria.

saúde e bo viño.

sábado, 20 de junio de 2009

Hoxe botamos a andar no internete



a paso de zanfona, sen facer moito ruído e sen pausa, ao tran tran que lle chaman, tal como fai o tractor ao arar as viñas e do mesmo xeito que fixo o cabalo ou os bois noutros días.

queremos chegarvos e que veñades, que sintades este patrimonio noso como voso, que vexades as covas como o que son, testemuños da historia e activo do presente que precisa do apoio e coidado.

convidámosvos a vir e colaborar, convidámosvos a tod@s a que sentedes a tomar un viño, que baixedes polo caño e até o fondo do cubo, miredes ao ceo lousado destas pequenas cúpulas que son verdadeiros templos do viño.

saúde e camiño,