
Sinceramente creo que debemos sentirnos orgullosos de todos os que a pesares dos tempos, teñen vontade de ferro para limpar a cova, abrir e aturar todo o traballo que esto supón, porque todos os coveiros facemos un grande esforzo por manter vivo este espíritu coveiro, pero a algúns é para lle levantar o sombreiro. Por eso o outro día falábamos con razón e o corazón na man, ao ver a capacidade que Vilamartín ten para traballar en unión, para facer grandes cousas das que podemos sentirnos orgullosos, para pular por este noso pobo e por esta cultura. Temos forza e ganas, e eso demostrano-lo a imaxe dos primeiros no traballo, e na festa.
Dende a organización sempre che xurden dúbidas, de se esto irá ben ou se non, de como podemos facer mellor unha ou outra cousa, pequenos detalles que se nos escapan, en fin, mil cousas das e coas que non todos estamos plenamente de acordo, por eso, e agora que empeza o ano novo, agora que poderemos ir pinchando algún cubeto vos pedimos que nos fagades chegar as vosas opinións, de como mellorar as cousas, de como facer para que fora da asociación non quede ninguén.
E de novo, coma sempre, graciñas coveiros e en especial, aos que xa vides de longo.


No hay comentarios:
Publicar un comentario