jueves, 20 de agosto de 2009


Pois un pouco así foi como nos sentimos hai quince días, despois de ter presentado os resultados da XIII Ruta das Covas.

Mirando a montaña despois de te-la subido e coronado, porque temos as imaxes impresas na memoria un chisco borrosas da fatiga, ogalla fora nublosidade enolóxica, pero é de estar a mil e unha cousas nun harén de pequenos problemas, imprevistos e cousas coas que xa contabas.

Porque o que algunha vez argalla algo sabe que hai un plan, unha previsión e mil variábeis coas que un non pode contar. Xa que se o fas, toleas ou sinxelamente non organizas.

Subimos a montaña e agora hai case un ano para poder elaborar o que desta volta se tivo que facer en menos de mes e medio... e esto é unha tranquilidade para quen asuma o reto.

Dende os que afrontamos a creación da asociación de coveiros temos un par de cousiñas claras e moitas nas que debemos incidir para o ano que ven, eso xa o sabedes os coveiros porque o falamos con vos na xuntanza, da que particularmente cada un de nós (organizadores) saeu sorprendido gratamente pola vosa diposición... non é un tópico, é unha mostra sincera de agradecemento para vós, que sabendo que cometemos moitos erros nos mostrástedes confianza e entrega.

A mellor mostra de confianza é que case todos aceptades entrar na asociación. Sede polo tanto benvidos a esta vosa asociación, pensade en quen credes que debe de estar a fronte da asociación para propoñer nomes e entren na directiva e levar a sociación a bó porto.

Coma sempre, grazas coveiros, de corazón.

saúde e viño do voso

Por certo cantas covas collerían no everest?

No hay comentarios:

Publicar un comentario