miércoles, 24 de junio de 2009

de cando é esta foto?


os tempos cambian, e por sorte non todo muda co paso do reloxo... para mostra este botón.

de seguro que no primeiro día do mes de agosto moitos poderemos facer unha foto coma esta, coa xarra botando na cunca e o pito con deixadez pendurado da boca, algún coa ledicia en forma de viño bulindo no corpo e todos con gañas de troula...

a festa é a mesma, no agosto con máis xente e no inverno máis recollidos, sempre botando da xarra e bebendo viño.

vide e bebede, facede festa e cantade, deixade que o viño afine a gorxa para botarlle unha leria e unha cantada. porque nas covas está prohibido face-la á calada, aquí vense a falar, berrar, discutir e cantar, deixar a vergoña a un lado e rescatar as pezas musicais que se esconden na memoria.

saúde e bo viño.

1 comentario:

  1. coma en todas as festas enxebres o imno galego por megafonia . o escomenzares en todalos accesos

    ResponderEliminar