viernes, 4 de septiembre de 2009

que sabemos das covas?



pois polo que imos vendo pouco, de feito unha das funcións que ten a asociación de coveiros é a de promover o estudo e difusión deste patrimonio do que tan pouco hai escrito.

polo que nestas andamos, a tentar rachar estas cadeas que nos manteñen mirando a parede onde se proxectan as sombras, que ben podería ser esta Platónica escena unha mostra didáctica do mito da caverna do grego en cuestión.

ben, visto que temos un punto de partida, por que non nos marcar un horizonte? pouco a pouco, paso a paso ir debullando estas preguntas que a día de hoxe non teñen unha clara resposta.

propoñémovos que lle tiremos da lingua aos maiores do lugar, que lle preguntemos e que usemos esta pequena enciclopedia que é a tradición oral, nela haberá moitas das respostas que a simple vista quedan ocultas polo velo do tempo.

o autor da foto é Francisco Sogel que moitas fotos ten tirado, tal como podedes nesta páxina, http://www.flickr.com/photos/fcosogel/.

saúde e viño de valdeorras

No hay comentarios:

Publicar un comentario